O Celta B goza dunha pracenteira sesión de baño e masaxe no Hotel Talaso Atlántico


Como xa fixeron hai unhas semanas os integrantes do primeiro equipo, o equipo do Celta B gozou hoxe dunha pracenteira xornada de recuperación no Hotel Talaso Atlántico, en Santa María de Oia, onde os novos xogadores do filial comprobaron as vantaxes da talasoterapia nunha completa sesión de baño e masaxe.

A talasoterapia é un método terapéutico que se basea na utilización do medio mariño, auga de mar, algas, barro e outras substancias extraidas do mar, e do clima mariño como axente terapéutico. É totalmente natural, a auga recóllese lonxe da beira, depúrase e esteriliza para garantir a ausencia de axentes patóxenos antes da súa aplicación nos distintos tratamentos.


@talasoatlantico

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *